William Klein
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1926 Manhattan, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de setembro de 2022 (96 anos) XIV Distrito de París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Educación | Paris Faculty of Law and Economics (en) City College de Nova York |
Actividade | |
Campo de traballo | Fashion photography (en) |
Lugar de traballo | París (1948–2022) Nova York |
Ocupación | fotógrafo, realizador, guionista, fotógrafo de moda, director de cinema |
Período de actividade | 1951 - 2022 |
Profesores | André Lhote (pt) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) |
|
William Klein, nado en Nova York o 19 de abril de 1926 e finado en París o 10 de setembro de 2022, foi un pintor, director de filmes e fotógrafo estadounidense que porén desenvolveu case toda a súa carreira en París, onde vive. Foi alcumado bad boy.
Destacou fundamentalmente como fotógrafo, especialmente das series dedicadas ás grandes cidades: Nova York, Roma, Moscova, Toquio e París, onde viviu dende 1948. Se houbese que sinalar unha imaxe de Klein sobre todas as demais estaría sen dúbida a titulada Gun 1[1] pertencente á serie de Nova York, e na que se pode ver un neno apuntando cunha pistola directamente á cámara. O seu traballo influíu noutros artistas como Helmut Newton, Frank Horwath, David Bailey ou Jeanloup Sieff e tamén deixou unha forte pegada na fotografía de moda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia de inmigrantes xudeus en Manhattan, Nova York, William Klein estudou socioloxía e con dezanove anos marchou para París co exército estadounidense, onde chegou o 13 de xullo de 1947. Na capital francesa entrou primeiramente no obradoiro de André Lhote (coma Henri Cartier-Bresson), e logo no de Fernand Léger.
Logo iniciou a súa carreira fotográfica, e asemade foi dando os seus primeiros pasos no cinema con curtametraxes individuais ou dirixidas con Louis Malle. A principios dos anos cincuenta, Klein expuxo pinturas xeométricas abstractas, na liña de Léger. Pero tamén foi nese tempo onde realizou as súas obras mestras na fotografía.
Entre 1954 e 1955 obtivo as imaxes da súa serie de Nova York, que revolucionaron as publicacións fotográficas pola súa mestura de poesía, humor negro e crítica social. Innovou na técnica, incorporando graos, borrosos, encadramentos nesgados... pero tamén no procedemento, pois botábase á rúa disparando ao chou, e non revisaba o traballo feito ata o día seguinte. Fronte á obxectividade, que era un dos dogmas fotográficos do momento, Klein decidiu facerse ver, intervir e poñer en evidencia a actitude da xente fronte á cámara.
O libro, editado nun formato peculiar, con grandes tipografías e distribuíndo varias imaxes na mesma páxina a xeito de tira cómica, Klein tentouno publicar nos Estados Unidos co título Life is good and good for you in New York (A vida é boa, e é boa para ti en Nova York). Así que se publicou ao ano seguinte, 1956, en París, en edición francesa pero con coedicións en inglés e italiano. A obra obtivo o prestixioso Premio Nadar en 1957.
Paralelamente Klein seguiu desenvolvendo o seu labor como cineasta, e foi chamado por Federico Fellini para que fose o seu asistente. Dese tempo é precisamente o álbum Roma (1958). Na súa carreira, como director, que comezou nese ano con Broadway á noite, destacaron os documentais políticos, especialmente sobre persoeiros negros, e os filmes publicitarios.
En 1983 e en 2005, o Centre Pompidou consagroulle senllas exposicións. As súas imaxes de Nova York puidéronse ver en Santiago de Compostela entre abril e xuño de 1997.
Obra
[editar | editar a fonte]Documentais
[editar | editar a fonte]- Broadway by Light (1958)
- Les troubles de la circulation (1962)
- Le buisness et la mode (1962)
- Les français et la politique (1962)
- Gare de Lyon (1963)
- Aux grands magasins' (1964)
- Loin du Viêt Nam (1967) : filme colectivo (Godard, Marker, Lelouch...)
- Muhammad Ali, the Greatest (1969) : Float Like a Butterfly, Sting Like a Bee
- Eldridge Cleaver' (1970) : Les black Panthers
- Hollywood, California: A Loser's Opera' (1977)
- Grands soirs & petits matins (1978) :
- The Little Richard Story (1980) : comme son nom l'indique
- The French (1982)
- Contacts (1983)
- Ralentis (1984)
- Mode in France (1984)
- Babilée '91 (1992) : balé filmado
- In and out of fashion (1994)
- Le Messie (1999) : sobre o Mesías de Händel
Filmes de ficción
[editar | editar a fonte]- Qui êtes-vous, Polly Maggoo? (1966) : sátira ambientada no mundo da moda (Pemio Jean Vigo)
- Mr. Freedom (1969)
- Le Couple témoin (1977)
Álbums
[editar | editar a fonte]- New York (1956)
- Life is good and good for you in New-York : Trance Witness Revels (1958)
- Rome (1958)
- Moscou (1964)
- Tokyo (1964)
- Mister Freedom" (1970)
- Close up (1989)
- Torino '90 (1990)
- Mode in & out (1994)
- New York 1954-55 nova edición aumentada (1995)
- William Klein Films (1998)
- Paris + Klein (2002)
- MMV Romani (2005)
- William Klein, rétrospective (2005)